20% OFF shipping at tashheer.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
tashheer.com
home > LUZ NA TERRA: O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, UNHA INSTITUCIÓN DE ALTA CULTURA > LUZ NA TERRA: O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, UNHA INSTITUCIÓN DE ALTA CULTURA
download picture
LUZ NA TERRA: O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, UNHA INSTITUCIÓN DE ALTA CULTURACatlogo da exposicin Luz na terra, que conmemora o centenario da fundacin SEG como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias dos seu tempo para lograr a modernizacin da cultura galega e unha proxeccin exterior desta, conectando ou intercambiando experiencias e publicacins con institucins anlogas de Espaa, Portugal, Bretaa, Irlanda, Reino Unido, Alemaa ou diversos pases do continente americano. A exposicin
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Catálogo da exposición Luz na terra, que conmemora o centenario da fundación SEG como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias dos seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior desta, conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura está concibida como celebración do centenario da fundación desta institución, determinante na construción da identidade galega e grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia. Mais quere ser tamén unha posta en valor dunha obra colectiva, que impulsou a proxección exterior da nosa cultura, conectando con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.

A mostra amosa fotografías, publicacións, manuscritos, bosquexos debuxos... así como unha escolma de pezas singulares que nos permiten trazar a historia do Seminario desde a súa mesma acta fundacional, obra coa que, precisamente, arrinca este percorrido expositivo.

Luz na Terra está comisariada por quen é hoxe un dos grandes historiadores de Galicia: Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano e reitor. Foi membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea, é Membro Numerario da Real Academia Galega foi presidente do Consello da Cultura Galega.

Unha institución de alta cultura
O centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG) conmemora unha institución que o fundador das Irmandades da Fala, Antón Villar Ponte, cualificou de “alta cultura”. O SEG foi fundado en 1923, a iniciativa dun grupo de estudantes universitarios en Compostela —entre os que se contaban nomes como Fermín Bouza Brey, Xosé F. Filgueira Valverde, Lois Tobío ou Ramón Martínez López— animados por profesores como Armando Cotarelo ou Cabeza de León, que serían o primeiro e segundo dos presidentes cos que contou a institución.

Así, no 12 de outubro de 1923, nove mozos universitarios camiñaron á Casa Grande de Ortoño, onde Rosalía de Castro pasou a súa infancia, na que sería a excursión fundacional do Seminario. Esta iniciativa xuvenil, amparada pola universidade, remataría por converterse nunha das grandes protagonistas do galeguismo e da propia historia de Galicia. Precisamente, o Seminario chegaría a integrar entre os seus membros aos propios “pais” da xeración Nós, como Risco, López-Cuevillas e Otero Pedrayo.

Os principios do Seminario
— A dimensión universal da cultura galega

— O compromiso co galego como idioma para a alta cultura

— A aposta polo saber científico como vía de progreso

— O afán de explorar, investigar e divulgar a cultura galega

— A necesidade de ter unha voz propia no mundo

— O carácter aberto e integrador de Galicia

O legado do Seminario
Chegou a contar con máis de douscentos membros propostos e admitidos e unha ampla rede de socios protectores. Fomentaron a integración de disciplinas, traballaron en equipo, fixeron do uso da lingua galega un estandarte e contribuíron a construír o proxecto autonomista da II República.

O seu traballo foi recoñecido de modo unánime, pero a Guerra Civil levou por diante a institución e algunhas iniciativas senlleiras. O seu patrimonio e os seus proxectos inacabados tiveron continuidade no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e, posteriormente, no Museo do Pobo Galego ou no renacido Seminario de Estudos Galegos impulsado por Isaac Díaz-Pardo e o grupo Sargadelos.

Un proxecto de país
Con Luz na Terra, a Xunta contribúe a dar a coñecer a riqueza dos fondos atesourados por fundacións e entidades galegas que traballan na preservación do noso patrimonio histórico e cultural e que ceden obra para esta mostra:

APOI (Arquivo do Patrimonio Oral
da Identidade). Museo do Pobo Galego
Biblioteca de Galicia
Biblioteca Deputación de Ourense
Consello da Cultura Galega
Fundación Otero Pedrayo
Fundación Penzol
Fundación Rosalía de Castro
Fundación Vicente Risco
Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento
Museo Arqueolóxico e Provincial de Ourense
Museo de Pontevedra
Museo do Pobo Galego
Parlamento de Galicia
Real Academia Galega
Sociedade Martins Sarmento
Universidade de Santiago de Compostela
.
Comisariado: Ramón Villares
Ramón Villares (1951) é catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e Reitor Magnifico (1990-1994). Membro fundador e Presidente (1996-2002), da Asociación española de Historia Contemporánea, é Membro Numerario da Real Academia Galega (2006) e foi Presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018). Doutor honoris causa polas Universidades de Buenos Aires (Arxentina), Minho (Portugal) e Rennes-2 (Francia), tamén recibiu os Premios da Critica de Galicia (1983 e 1985), o Premio Fernández Latorre (2005), o Premio Puro Cora (2017) e o Premio da Cultura Galega-Proxección Exterior (2018).

— Documentalista: Alfonso Mato
— Documentalista (artístico e visual): Miguel Anxo Seixas
— Apoio técnico: Gustavo Hervella

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA 07-2023
Idioma:  Galego

LUZ NA TERRA: O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, UNHA INSTITUCIÓN DE ALTA CULTURA

Item no : 71930743414
sold recently : Login >>
US$ 35.54
Pay in 4 interest-free payments of $8.88 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 28 - Jul 3

Enjoy 20% off shipping

US$ 35.54

1-11

US$ 31.99

12-35

US$ 24.88

36-59

US$ 21.32

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches