Kalle Blomkvist naceu para ser detective e, malia que só ten trece anos, controla todo o que sucede na pequena vila de Lillköping. Xunto a Anders e Eva-Lotta pasa o verán enredado nunha batalla contra banda de nenos rivais. Pero a chegada do tío Einar esperta as súas sospeitas, e os tres amigos poñen en marcha unha auténtica investigación detectivesca.
Astrid Lindgren naceu en Suecia en 1907, nunha pequena aldea como a de Bullerbyn. Logo abandonou o campo para vivir en Estocolmo, onde casou e tivo dous fillos. A súa filla Karin inspirou Pippi Langstrumpf (1945), a súa obra máis coñecida.
Cun cento de libros publicados e traducida a máis de 80 idiomas, a autora foi avalada co Premio Hans Christian Andersen, o Premio Nacional de Literatura de Suecia, a Medalla de ouro da Academia Sueca e o Premio Internacional do Libro da Unesco. Trala súa morte, no 2002, instaurouse o Premio Memorial Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)












